A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas ás entidades no exterior por máis de 4 millóns de euros

Estes programas de axudas contan cunha dotación de 1.870.000 e o prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de abril. O DOG tamén publicou o 6 de marzo a convocatoria das axudas para a mellora das infraestruturas, equipamentos, dotación de bibliotecas e catalogación do patrimonio das entidades galegas no exterior. Están dotadas con 2.260.000 euros e o prazo para solicitalas remata tamén o 21 de abril.