As tres formacións reuniranse de novo dentro duns días para definir se se retoma a fallada ponencia sobre o voto emigrante, que o BNG abandonou en xuño na sua terceira sesión, ao discrepar co PSdeG e co PPdeG sobre o alcance das modificacións a introduciren. A intención do Executivo é elaborar unha proposición de lei que obteña a unanimidade do Parlamento galego para a elevar ás Cortes, que serán as encargadas de reformar a Lei Orgánica do Réxime Electoral.