O Hospital Español comezou a súa andaina no ano 1859 e desde entón converteuse nun referente para a sociedade española e galega asentada en Río de Janeiro, tanto polos programas socioasistenciales que promove como polas prestacións sanitarias que ofrece, figurando entre os 100 mellores centros médicos de Brasil. Entre as actividades que se promoverán destaca a posta en marcha dun ciclo de relatorios dirixido á sociedade española e galega en Río, e tamén á brasileira en xeral, sobre aspectos vencellados á saúde e á prevención de enfermidades. Paralelamente, editarase unha obra especial co gallo do aniversario e restauraranse os paneis pictóricos do centro.