A nova normativa en materia de nacionalidade podería ser discriminatoria entre os emigrantes.

Porén, tamén xurdiron as primeiras críticas ao consideraren que discrimina os emigrantes que non son exiliados, otorga a nacionalidade de orixe con menos requisitos ca os esixidos a quen a obtiveron anteriormente e mantén o atraso dun ano para a súa entrada en vigor ademáis de fixar un prazo de vixencia de dous anos.
O deputado galego e ex presidente do Consello Xeral da Emigración José Manuel Castelao Bragaña afirmou que este proxecto “é discriminatorio porque ven facer unha diferencia entre os emigrantes por razóns ideolóxicas e quen non o son”. O parlamentario engadiu que “moitos estamos convencidos de que, máis ca unha reforma do Código Civil, deberimos ir a unha lei de nacionalidade, porque isto é un parche máis”.