A localidade arxentina de Vicente López dedica unha praza a Galicia en sinal de irmandade e integración

Durante a inauguración da praza, situada no Paseo da Costa, na ribeira do Río da Prata, plantáronse un carballo e unha tipa e proxectouse un vídeo educativo sobre a loita contra o cambio climático. Como broche final desenvolvéronse actuacións dos grupos musicais e de baile tradicional do municipio de Vicente López e das tres institucións galegas con representación nesta zona da provincia de Bos Aires.