A galega Dolores Bolay convértese na primeira estranxeira en presidir o Parlamento de Xenebra

Bolay, que foi deputada durante tres lexislaturas, afirmou que “este non sería o país que é sen os emigrantes” e instou a Suiza a desenvolver unha política de inmigración que non conciba o fenómeno “só dende unha óptica utilitarista”. Ao acto asistiron o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez, e o embaixador e máis o cónsul de España.