A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega inaugurou en Bos Aires a súa nova sede

Luís Seoane e a Galicia Emigrante”. Trátase dunha obra realizada por Mariela Tilve Rouco, filla e neta de galegos e xornalista. No acto interveu, entre outros, Antonio Pérez Prado, quen prologou a obra e cuxo testemuño como testemuña privilexiada da época dourada da cultura galega forma parte do libro presentado. O salón no que se realizou a presentación foi ambientado cunha exposición de cadros e estandartes do artista plástico galego Manuel Cordeiro. Os músicos da Fundación amenizaron a conclusión do acto con algúns números tradicionais de música galega.