A Fundación España Saúde atende a unhas 12.000 persoas, entre os que se atopan aqueles que estaban inscritos na Sociedade Española de Beneficencia, os pensionistas SOVI, os pensionistas contributivos e máis un grupo de emigrantes canarios a través dun convenio especial asinado pola Fundación co Goberno desta Comunidade. O gasto total da entidade acada case os 3,5 millóns de euros, financiados polo Goberno central, na súa meirande parte, e máis polo Goberno canario e a Xunta de Galicia.