A Federación de Sociedades Galegas de Cuba relocalizará a Praza de Galicia e erixirá un busto a Rosalía de Castro

Entre outros, falaron os presidentes de ‘Rosalía de Castro’ e da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo; e de ‘Ferrol e a súa Comarca’, Domingo Regueiro; así como a responsable de Cultura de ‘Rosalía de Castro’, Carmen Luisa Bajo. Sergio Toledo anunciou que un dos obxectivos da entidade é acadar a relocalización da Praza de Galicia, ubicada actualmente no municipio de Cerro, para situala no parque que hai fronte ao domicilio social de ‘Rosalía de Castro’ e erixir alá un busto en bronce da poetisa galega Rosalía de Castro. A agrupación solicitou a colaboración do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e do historiador da Cidade da Habana, Eusebio Leal Spengler.