A Deputación de Pontevedra xa catalogou 378 obras de artistas galegos no estranxeiro

Entre estas obras atópanse as realizadas por Castelao no Centro Galego de Bos Aires (pezas de cerámica, pintura, gravados, debuxos e esculturas), ás que hai que sumar un total de 25 asinados por Luís Seoane (13 en edificios públicos, cinco en galerías comerciais e outros en sedes culturais), por Colmeiro (un en Avellaneda e outro en Galerías Pacífico), por Maruja Mallo e por Álvarez de Sotomayor.