A Deputación de Lugo creará unha oficina provincial de atención aos residentes ausentes

O anuncio foi efectuado durante unha comida de traballo con empresarios do concello mariñán, aos que lles foi presentado o programa Empresa Familiar e Sucesión. A oficina atenderá a todos os lucenses que residan no exterior, terá un carácter descentralizado e estará nas instalacións que xa ocupa a que ten o Concello de Viveiro. “A institución traballa para toda a provincia e nós non temos obsesión centralista”, asegurou Besteiro, que sinalou que esta iniciativa é unha das primeiras consecuencias da recente viaxe a tres capitais suramericanas, durante a cual lle foi demandada.