Segundo a delegada da Xunta, María Xosé Porteiro, a idea dos seminarios naceu a partir da consideración da privilexiada relación que Galicia mantén con algúns países de Iberoamérica para procuraren un mellor coñecemento sobre a realidade europea no continente americano, a través da divulgación da UE nos seus diferentes eidos de actuación.