Este ano, o certame desenvólvese entre os días 8 e 14 de maio e inclúe a proxección do documental ‘Liste, pronunciado Lister’, dirixido por Margarita Ledo Andión. No acto de presentación participaron o director do Festival, Xullo Santucho; a delegada da Xunta de Galicia, María Xosé Porteiro; e a directora do documental, Margarita Ledo.