A Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo porase en marcha en novembro

Ademais, Touriño adiantou que en 2009 abrirase outra delegación en Bruxelas “porque ese é o xeito de defendermos os intereses do país e de representarmos a Galicia no exterior”. Na súa intervención na Cámara galega, o titular do Executivo autonómico fixo balance das actuacións levadas a cabo na actual lexislatura en materia de emigración.