A Consellería de Innovación explica no Brasil o novo modelo eólico

325 novos megavatios con 172 solicitantes. Foi durante a súa participación na Xornada Internacional sobre Enerxías Sustentáveis e Desenvolvemento, celebrada en Porto Alegre. Alí, o nacionalista deu a coñecer unha fórmula que definiu como “socialmente responsábel e non especulativa”. Antes desta viaxe, Fernando Blanco presentou no Parlamento o orzamento do seu departamento para o vindeiro ano, que ascende a 383 millóns de euros, dos que 117 e medio son para a área de Comercio e Turismo.