Toledo Bueno en nome da Xunta Directiva da entidade que agrupa a 49 sociedades galegas nesta capital. Clara Cougil Galego, filla do desaparecido dirixente, falou en nome dos familiares, salientando aspectos da súa vida como esposo e pai e agradeceu á FSGC e ao seu presidente, Sergio Toledo, pola celebración desta homenaxe. Clara e a súa nai recibiron cadanseu ramos de flores e finalmente a filla do homenaxeado e o presidente da FSGC desvelaron un retrato de Cougil pintado ao óleo polo artista plástico Mario Eire e unha placa conmemorativa en bronce.