A Casa de Galicia de Córdoba (Arxentina) entrega os certificados do curso de encaixe de palillos

Na cerimonia estiveron presentes o titular de Casa de Galicia, Andrés Touriño; a presidenta de Casa de España, Antonia Pérez; alumnas e socios da entidade. Cocconi é paisaxista e profesor de Artes Textiles da Escola Municipal de Artesanías Patio de Berazategui, na provincia de Bos Aires, e está a preparar seminarios e obradoiros para presentar este ano en Montevideo (Uruguai) e Mar del Plata (Arxentina). Segundo o profesor, “as alumnas que cursan o segundo ano avanzaron moito e están no mesmo nivel que as encaixeiras de Galicia”.