O coloquio, titulado ‘A cen anos de Manuel Curros Enríquez na Habana’, contou co patrocinio da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana (Facultade de Artes e Letras) e da Casa de Altos Estudos ‘Don Fernando Ortiz’ e desenvolvéuse durante os días 5, 6 e 7 de marzo nas áreas da propia universidade habaneira. O evento acolleu tamén a proxección do documental ‘Cen Anos do Himno Galego’, realizado por Producións Pórtico de Santiago de Compostela, e a presentación do libro ‘Galegos na Habana’, da xornalista e escritora Ángela Oramas. Para clausurar o coloquio celebróuse unha velada cultural-musical na cal interpretáronse poemas de Curros Enríquez.