60 nenos dun colexio de Avellaneda visitan a Delegación da Xunta en Bos Aires

O acto, que formou parte do proceso de apertura á sociedade arxentina no seu conxunto que a representación institucional de Galicia en Bos Aires esta a levar a cabo, tivo a súa orixe no interese manifestado pola dirección do colexio tras comprobar que un importante número dos seus alumnos son de orixe galega. Avellaneda é unha das localidades que maior número de emigrantes provenientes de Galicia acolleu desde principio do século XX.