220 emigrantes recibiron axudas individuais nun acto público na Oficina Administradora de Comunidades Galegas de Cuba

As axudas están financiadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta e a súa distribución estivo a cargo da Federación de Sociedades Galegas de Cuba (FSGC). A escolla dos beneficiarios realizóuse segundo os datos achegados polas Xuntas Directivas das 49 asociacións galegas membros da Federación.