María del Sol Fernández, do Centro Fillos de Galicia de Montevideo, elexida ‘Maja 2007’ da colectividade española en Uruguai

María Victoria Cachiararo, do Clube Español, foi nomeada princesa, e Paula Almandos, de Alma Galega, vicerraíña. Entre as autoridades españolas destacou o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán. O acto contou coas actuacións do ballet de Spikerman Reino, o ‘gayeguayo’ Manuel Capela, a murga ‘A Gran Clásica’ e o corpo de baile do Val Miñor.